Por ser un colectivo moi importante nesta sociedade, este proxecto está dirixido aos nosos maiores. Cremos que a sabedoría recibida a través das súas vivencias non queda na vellez, polo que ofrecemos unha formación baseada na alfabetización dixital.

Os nosos obxectivos van máis aló, dende evitar o illamento ofrecendo propostas relacionadas co lecer ou a saúde, sendo o noso obxectivo final que o móbil sexa un acompañante máis no seu día a día.