Select Page

Tod@s temos enriba unha cámara de vídeo de calidade no móbil. Sabemos utilizala? Pasámonos a vida tomando fotos e vídeos, pero sabemos como se grava?

A través deste proxecto aprenderemos a usar a cámara de vídeo do noso móbil e a editar. Faremos películas, curtos documentais que defendan ideas e valores. Aprenderemos a linguaxe audiovisual e tomaremos vantaxe nun mundo dominado pola imaxe.