Select Page

Os videoxogos entreteñen, ocupan gran parte do tempo libre de adolescentes e cativos e inflúen na súa autoimaxe, o seu auto concepto e a visión que teñen do mundo, tanto no relativo á imaxe persoal como aos valores e modelos de relación.

A través deste proxecto queremos mirar os videoxogos con ollo crítico, porque non somos  tont@s e podemos ser protagonistas da nosa educación e non vítimas das mensaxes que consumimos.