Ata o de agora a historia das mulleres foi contada polos homes. Xa é hora de darlle a volta! A través de Mirada de muller, nós contaremos a historia das mulleres da nosa comunidade. Farémolo desde unha perspectiva histórica, relatando unha determinada historia ou antropolóxica, contando a vida das nosas avoas, nais ou a nosa propia. Recolleremos información, xestionarémola e farémola chegar a través de múltiples formatos atractivos, divertidos e accesibles: teatro, podcast, vídeo-foro, informes, exposicións, …