Quen Son

Ber ² nace dunha ilusión e da experiencia.
A través dos proxectos buscamos impulsar a participación cidadá, traballando a cooperación, o respecto e a solidariedade.  O noso obxectivo sempre foi crear un tecido social activo, consciente, crítico coa realidade e motivado para realizar cambios.
A mellor ferramenta, a educación.
E a mellor axuda, os profesionais cualificados e motivados.

Amaia González Gómez
Directora de Proyectos

“Deixei o mundo das multinacionais porque quería cambiar o meu mundo e poñer rumbo ao social, a sentirme orgullosa do que fago e traballar polo que creo: pola igualdade e o respecto mutuo, traballar facendo un mundo máis feliz. Descoñecía as dificultades que me agardaban, pero houbo que sortealas para que Ber2 vise a luz. Agora que tracei o meu propio camiño podo explicar á xente a que me dedico e véxolles sorrir. Traballo facendo feliz á xente, pode haber mellor traballo?”

Garikoitz Lasa Iglesias
Director Creativo

“Tiven moitos oficios: fun actor, educador social, profesor e agora dedícome á xestión de proxectos Non son capaz de traballar sen paixón e considero que o meu traballo é unha achega consciente que debe enriquecer á sociedade. Imaxinar crear e difundir todos estes proxectos fai que o meu traballo sexa algo máis que un traballo, unha vocación. Gustaríame pensar que o mundo que deixo atrás é máis bonito que o que eu me atopei e que traballei para coordinar esforzos con outras persoas que tamén traballan Por crear un mundo máis bonito, unha sociedade máis participativa, un camiño, por tanto, que se dirixa á utopía, entendendo utopía como camiño e devir do traballo social.”